fevereiro 22, 2005

OS TRABALLADORES CHAMAN AO DIÁLOGO E PIDEN QUE CESE A REPRESIÓN

Varios monitores/as deportivos foron substituidos nas aulas que impartían por persoal traído de fora. Os delegados pedimos a restitución das súas funcións
Tras analisar as últimas actuacións da empresa, pedimos que cese a represión sobre os traballadores e realizamos un novo chamamento ao diálogo, polo que facemos as seguintes propostas:

1.- Solicitamos unha nova reunión da mesa de negociación
2.- Para favorecer este encontro e en sinal de boa vontade suspendemos as mobilizacións por barrios previstas para esta semana
3.- Pedimos que se restitúa aos monitores nas súas aulas
4.- Reiteramos a petición de entrevista ao alcalde e presidente da empresa, para que coñeza o ponto de vista dos traballadores.

Sem comentários: