fevereiro 16, 2005

@S TRABALHADORES DE XADE PEDIMOS APOIO

As traballadoras e traballadores da empresa deportiva Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos (XADE), que xestiona o Multiusos de Sar e Santa Isabel e está presidida polo Alcalde, levamos máis dun ano con tres problemas laborais sen que a dirección da empresa se aveña a negociar.
Os problemas son a temporalidade de parte da plantilla, os cativos salarios e a cobertura do 100% das baixas laborais. Agora recollemos sinaturas de apoio.

ESTABILIDADE LABORAL
Traballadores/as temporais Traballadores/as com estabilidade *
Percentaxe 38´2 % 58´2 %
Cantidade 22 32
*contabilizamos só os traballadores de XADE, pois a empresa subcontratou os servizos de recepción e limpeza

SALARIOS 2004
SALARIO ANUAL * Inclue o Plus de transporte: 1.089 €/ano, único complemento salarial que temos salário neto aproximado ao mes (12 pagas)
S.O.S. e Mantenimento XADE * 9.562 € 715 €/mes
Monitores Deportivos XADE * 10.349 € 760 €/mes
S.O.S. Piscina INEF ou da A.G.S. 12.409 € 918 €/mes
S.O.S. da Piscina USC 15.298 € 1.136 €/mes
Monitores da Pisc.Travesas-VIGO 16.000 € 1.333 €/mes
Traballad. G-IV Concello Stgo. 18.840 € 1.570 €/mes
PROPOSTA SINDICAL 13.200 € (salário medio galego 2004)

BAIXAS
Cobertura por accidente laboral 75 % salario base aproximadamente (Lei Prestacións á S.S.)
Monitores Deportivos XADE 508 € brutos/mes
S.O.S. e Mantenimento XADE 460 € brutos/mes
PROPOSTA SINDICAL 100 % salario completo

REPRESIÓN SINDICAL
- Non entrega documentación a representantes, incumprindo o artigo 64 do E.T.. Denunciado.
- Engano ofrecendo 100% das Baixas e logo negándoo (3-III-04) ou co salario (17-dez-03)
- Interferencia en eleicións sindicais; proposta de destitución de representantes, art. 13 lei 11/85.
- Non renovar, “selectivamente”, ao persoal temporal.